Produtos de innovación
- Software | SensSB: kit de ferramentas para o desenvolvemento e a análise de sensibilidade de modelos de bioloxía de sistemas
Autoría: M. Rodríguez-Fernández and J. R. Banga
Descrición: SensSB é un kit de ferramentas de software para análise de sensibilidade baseado en Matlab®. Esta ferramenta integra unha ampla variedade de métodos de sensibilidade locais e globais que poden aplicarse a modelos biolóxicos descritos por ecuacións diferenciais ordinarias (ODE) ou ecuacións diferenciais alxebraicas (DAE). SensSB tamén pode importar modelos no formato Systems Biology Mark-up Language (linguaxe de marcaxe para bioloxía de sistemas, SBML).
Dispoñible aquí baixo petición.
- Capacidades | Desenvolvemento de etiquetaxe intelixente e activa dos alimentos
Desenvolvemento de etiquetas intelixentes para os alimentos baseadas en modelos de oxidación, crecemento microbiano, etc. que permitan a quen os consume saber cando os alimentos xa non son aptos para o seu consumo, axudando a evitar o desbaldo de alimentos, e que informen sobre a súa frescura, temperatura do paquete, etc.
- Capacidades | Caracterización de propiedades fotosintéticas e subprodutos do fitoplancto
Caracterización das propiedades fotosintéticas e dos subprodutos de diversas especies de fitoplancto en condicións de laboratorio, de cultivo industrial e naturais.
- Capacidades | Avaliación de ameazas e puntos de control críticos nas cadeas de valor dos produtos do mar
Avaliación e desenvolvemento de protocolos para identificar os puntos e produtos máis problemáticos canto á contaminación microbiolóxica e infestación parasitaria ao longo da cadea de valor dos produtos do mar.
- Software | SYNBADm: kit de ferramentas para deseño óptimo automático en bioloxía sintética
SYNBADm é un kit de ferramentas baseado en Matlab para o deseño automático de circuítos biolóxicos para funcións obxectivo de bibliotecas de compoñentes.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | GLOBALm: método de agregación para problemas de optimización global con restriccións en Matlab
Método descrito en Csendes, T., L. Pal, J.O.H. Sendin, J.R. Banga (2008). The GLOBAL Optimization Method Revisited. Optimization Letters, 2(4):445-454.
O software está dispoñible baixo petición (escríbenos se che interesa).
- Capacidades | Desenvolvemento de sensores intelixentes para optimizar o procesamento e a conservación dos alimentos
Desenvolvemento de métodos e tecnoloxías non invasoras (como a tecnoloxía de toma de imaxe hiperespectral) para inspeccionar a calidade dos produtos alimentarios.
- Capacidades | Desenvolvemento de bioindicadores para vixilancia medioambientalInstrumental e sensores mariños Protección costeira e medioambiental Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas
Caracterización e medida de respostas microfisiolóxicas de marcadores moleculares xerados en resposta ás condicións medioambientais para o desenvolvemento dun sistema de alerta temperá de alteracións medioambientais.
- Capacidades | Desenvolvemento de ferramentas de xestión e toma de decisións baseadas en modelaxe e simulación de escenariosProtección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura Pesquerías
Desenvolvemento de ferramentas específicas para espazos concretos que permitan a avaliación, xestión e toma de decisións baseada na modelaxe dos impactos de escenarios ambientais actuais e posibles escenarios futuros (contaminación, cambio climático, etc.) sobre as condicións oceanográficas, a distribución da biodiversidade, a resposta fisiolóxica ou o desempeño das pesquerías e a acuicultura.
- Software | AMIGO2: Advanced Modelling and Identification using Global Optimization (modelaxe e identificación avanzada mediante optimización global), versión 2
AMIGO2 é un kit de ferramentas multiplataforma baseado en MATLAB deseñado para resolver problemas de optimización matemática básicos para a bioloxía de sistemas, dentro do contexto da identificación de modelos paramétricos, a hipótese subxacente ao desenvolvemento de modelos e o control óptimo dos sistemas biolóxicos para acadar o comportamento desexado de forma sintética.
Podes atopar máis información aquí.