Determinación de metais no medio mariño
O servizo de Determinación de metais no medio mariño está orientado á determinación de metais en diversas matrices procedentes do medio mariño (sedimentos, biota, auga), así como noutras mostras ambientais non especificamente relacionadas co medio mariño, mediante análise por ICP-MS.
Obxectivos e tarefas
Este servizo ofrece análises de metais en todo tipo de mostras, dende sedimento ata biota ou auga, mediante os equipos de ICP-MS máis avanzados (Agilent 7900).
Catálogo de servizos
- DIXESTIÓN DE MOSTRAS SÓLIDAS: servizo de dixestión de mostras sólidas para a análise de sedimentos, solos e biota. Dixestión ácida (pode incluír HNO3, HCl, HF e/ou H2O2, dependendo da matriz e da extracción solicitada) mediante microondas.
- PAQUETES DE ANÁLISE DE SEDIMENTO E BIOTA
- Paquete básico (mostra dixerida)
- Análise de Na, Mg, Al, Si, P, K, Ca, V, Cr , Mn, Fe, Co, Ni, Cu, Zn, As, Sr, Cd, Sn, Sb, Ba, Pb, U.
- Prazo de entrega dos resultados: 2 semanas dende a recepción da mostra.
- Paquete de análise de terras raras (mostra dixerida):
- Análise de Sc, Y, La, Ce, Pr, Nd , Sm, Eu, Gd, Tb, Dy, Ho, Er, Tm, Yb, Lu.
- Prazo de entrega dos resultados: 2 semanas dende a recepción da mostra.
- Paquete de elementos extra (mostra dixerida):
- Análise de Li, Be, Rb, Zr, Nb , Mo, Ag, In, Te, Cs, Hf, Ta, W, Au, Bi, Th, Hg.
- Prazo de entrega dos resultados: 2 semanas dende a recepción da mostra.
- Paquete de elementos do grupo do platino:
- Análise de Pt, Pd, Rh, Ru, Ir.
- Prazo de entrega dos resultados: 3 semanas dende a recepción da mostra.
- Paquete básico (mostra dixerida)
- ANÁLISE DE METAIS DISOLTOS EN AUGA MARIÑA
- Servizo de análise de metais disoltos en auga de mar, co límite de detección necesario para a súa determinación en augas oceánicas non contaminadas. A determinación levarase a cabo mediante un módulo de preconcentración SeaFAST (que preconcentra os metais e elimina o contido en sales) acoplado a un ICP-MS.
- Análise de Cr, Mn, Fe, Co, Ni, Cu , Zn, As, Cd, Pb.