SIES: Identificación de Especies e Secuenciación de ADN
O Servizo de Identificación de Especies do IIM (SIES), activo dende 2001, está especializado na identificación de organismos mariños en produtos alimentarios. O servizo forma parte do Grupo de Investigación en Bioquímica de Alimentos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC), que leva décadas a traballar no desenvolvemento e a aplicación de ferramentas analíticas para identificar e cuantificar organismos mariños en produtos alimentarios, aínda que tamén pode determinar especies presentes nunha ampla variedade de matrices.
Obxectivos e tarefas
A identificación de especies lévase a cabo principalmente mediante secuenciación Sanger, utilizando diversos marcadores xenéticos como o citocromo b, a citocromo oxidasa I, a rexión de control e o ADN 16S, entre outros. Para identificar especies segundo a súa secuencia de ADN, o servizo non só utiliza bases de datos públicas, senón que tamén leva a cabo análises filoxenéticas grazas ao seu extenso banco de tecidos e a máis de 2000 secuencias de referencia procedentes do propio servizo. Con este fin, estandarizou protocolos para os que esperamos obter certificación proximamente. Ademais, o servizo pertence a unha serie de laboratorios especializados na identificación de especies, cos que participou en diversos exercicios interlaboratorio que amosaron a eficiencia e fiabilidade dos métodos empregados.
O servizo tamén ten capacidade para levar a cabo outros tipos de análises dependendo do obxectivo, como PCR en tempo real e secuenciación masiva (NGS), e dedica parte dos seus esforzos a desenvolver novas técnicas para ampliar o seu catálogo de servizos de análise.
O Servizo de Identificación de Especies está dispoñible para entidades, empresas, organismos públicos e particulares que desexen levar a cabo diversos tipos de análises, especialmente as relacionadas coas industrias alimentaria, pesqueira e sanitaria (determinación de especies que poden ter efectos relacionados coa saúde), control de calidade e autenticidade (substitución de especies), trazabilidade e conservación dos recursos mariños.
Catálogo de servizos
- IDENTIFICACIÓN DE ESPECIES A PARTIR DE TECIDO, PRODUTOS ALIMENTARIOS OU OUTRAS MATRICES MEDIANTE SECUENCIACIÓN SANGER E COMPARACIÓN CON SECUENCIAS DE REFERENCIA DO IIM E DE BASES DE DATOS PÚBLICAS.
- SECUENCIACIÓN SANGER A PARTIR DE TECIDOS, ALIMENTOS OU OUTRAS MATRICES
- EXTRACCIÓN DE ADN DE TECIDOS, ALIMENTOS OU OUTRAS MATRICES
- ANÁLISE DE SECUENCIAS DE ADN E IDENTIFICACIÓN DE ESPECIES
- SECUENCIACIÓN NGS: METAXENÓMICA DE 16S PARA IDENTIFICAR BACTERIAS E MICROALGAS
- IDENTIFICACIÓN DE ESPECIES DE PESCADA MEDIANTE PCR EN TEMPO REAL
- CUANTIFICACIÓN DE ÁCIDOS NUCLEICOS CON NanoDrop 2000
Equipo
-
BegoñaCorreaGarcíaPersoal técnico de apoiobegonacorrea@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438539
-
CarmenGonzálezSoteloInvestigador/a Principalcarmen@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438538
-
Ricardo IsaacPérezMartínXefatura de gruporicardo@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438617
-
MartaPérezTestaPersoal técnico de apoiomtesta@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438618
-
Ana CristinaSánchezDíazPersoal técnico de apoioasanchez@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438622