Liñas de investigación
A investigación é a base do traballo do Instituto de Investigacións Mariñas. Traballando arredor de tres temas centrais de investigación que se entretecen e conectan uns con outros, o persoal técnico e investigador do IIM-CSIC procura respostas relacionadas con nove liñas de investigación diferentes.
- Cambio global e outros impactos antropoxénicos sobre o océano
- Observación e modelaxe de sistemas oceánicos e costeiros
- Comprender as interaccións entre o océano e a vida
- Biodiversidade e conservación para uns ecosistemas resilientes
- Enfoque ecosistémico das pesquerías e da acuicultura
- Organización da vida: dos xenes aos biomas
- Alimentos do océano: trazabilidade, saúde e seguridade
- Estudo e modelaxe de biosistemas e bioprocesos
- Economía circular: uso integral de recursos mariños