Laboratorio de Xeoquímica Orgánica
Malia a súa abundancia, a súa importancia nos ciclos bioxeoquímicos e a súa sensibilidade ao cambio global, o noso coñecemento da composición, estrutura molecular e reactividade da materia orgánica disolta (MOD) nos océanos aínda é deficiente.
O obxectivo fundacional do Laboratorio de Xeoquímica Orgánica do IIM-CSIC é encher esta lagoa do noso coñecemento illando a MOD, analizando a súa composición elemental e as súas propiedades ópticas, isotópicas e estruturais e facendo un seguimento da súa alteración por procesos fotoquímicos e microbiolóxicos.
Dende o punto de vista xeográfico, centrámonos na costa noroeste da Península Ibérica como modelo de interaccións entre o medio terrestre e o oceánico, incluídos os afloramentos costeiros, e de distintos graos de alteración humana; tamén traballamos sobre o Atlántico Noroeste como modelo de augas abertas.
Dende o punto de vista metodolóxico, combinamos a observación, a experimentación e a modelaxe paramétrica e inversa para desentrañar as relacións entre a diversidade molecular e microbiolóxica nun océano que está a experimentar importantes cambios.
O Laboratorio de Xeoquímica Orgánica céntrase tamén na avaliación da regulación e provisión de servizos ecosistémicos por parte das rías, grandes estuarios con alta produtividade que se atopan ao longo da costa galega; isto inclúe a cuantificación de mecanismos de fertilización diferentes do afloramento costeiro.
Estudamos lugares pouco explorados de grande importancia para a bioxeoquímica do carbono (p. ex., pradarías de fanerógamas mariñas ou sedimentos costeiros de alta permeabilidade) para ampliar o noso coñecemento sobre o funcionamento da mecánica costeira.
Tamén avaliamos os riscos asociados co cambio global e climático e impulsamos a adopción de medidas de adaptación para garantir os bens e servizos costeiros e mariños de cara ás vindeiras décadas. Entre eles están a explotación sostible dos recursos vivos das rías, para o que colaboramos estreitamente con outros grupos de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas, contribuíndo así a un enfoque ecosistémico das actividades de acuicultura e pesca artesanal na rexión.
- INTERGROUNDS -
Integración descarga aguas subterráneas continentales en estrategias de gestion sostenible de los recursos hídricos costeros: Identificación, cuantificación y caracterización
Investigador/a Principal:ÁlvarezSalgadoXosé AntónInstitución financiadora:Ministerio de Ciencia e InnovaciónFinanciamento para o IIM-CSIC:€Doao - PreCalP -
<p>Programa Ciencias Mariñas: Ferramentas para a predición da calidade en productos da pesca</p>
Investigador/a Principal:VilasFernándezCarlosInstitución financiadora:El Programa de Ciencias Mariñas de Galicia es 1 de los 5 programas de Ciencias Marinas de los Planes Complementarios de I+D+I con las CCAA del Plan de Recuperación Transformación y Resilencia (NextGenerationEU).Financiamento para o IIM-CSIC:28348€Doao - DigitMej -
<p>Programa Ciencias Mariñas: Xemelgo dixital do cultivo de mexillón na acuicultura multitrófica integrada</p>
Investigador/a Principal:ÁlvarezSalgadoXosé AntónInstitución financiadora:El Programa de Ciencias Mariñas de Galicia es 1 de los 5 programas de Ciencias Marinas de los Planes Complementarios de I+D+I del Plan de Recuperación Transformación y Resilencia. Financiado por FEMP/FEMPA.Financiamento para o IIM-CSIC:97750€Doao - UNDERGROUND -
<p>Programa Ciencias Mariñas: Novas estratexias para a identificación e seguimento das verteduras submariñas de augas subterráneas nas Rías Galegas</p>
Investigador/a Principal:PinoIbánhezJuan SeverinoInstitución financiadora:El Programa de Ciencias Mariñas de Galicia es 1 de los 5 programas de Ciencias Marinas de los Planes Complementarios de I+D+I con las CCAA del Plan de Recuperación Transformación y Resilencia (NextGenerationEU).Financiamento para o IIM-CSIC:192051€Doao - ECOMUSSEL -
<p>Servicios ecosistémicos del cultivo de mejillón</p>
Investigador/a Principal:ÁlvarezSalgadoXosé AntónInstitución financiadora:CSICFinanciamento para o IIM-CSIC:48500€Doao
- Overmans, S.; Duarte, C.M.; Sobrino, C.; Iuculano, F.; Álvarez-Salgado, X.A.; Agustí, S. (2022) Penetration of Ultraviolet-B Radiation in Oligotrophic Regions of the Oceans During the Malaspina 2010 Expedition Journal of Geophysical Research-Oceans DOI:10.1029/2021JC017654
- Li, S.; Fang, J.; Zhu, X.; Spencer, R.G.M.; Álvarez -Salgado, X.A.; Deng, Y.; Huang, T.; Yang, H.; Huang, C. (2022) Properties of sediment dissolved organic matter respond to eutrophication and interact with bacterial communities in a plateau lake Environmental pollution (Barking, Essex : 1987) DOI:10.1016/j.envpol.2022.118996
- Cristina, R.C.; Rebeca, M.F.; Marola, S.Y.; Xosé Antón, Á.S. (2022) Leaching and bioavailability of dissolved organic matter from petrol-based and biodegradable plastics Marine Environmental Research DOI:10.1016/j.marenvres.2022.105607
- Romera-Castillo, C.; Birnstiel, S.; Álvarez-Salgado, X.A.; Sebastián, M. (2022) Aged Plastic Leaching of Dissolved Organic Matter Is Two Orders of Magnitude Higher Than Virgin Plastic Leading to a Strong Uplift in Marine Microbial Activity FRONTIERS IN MARINE SCIENCE DOI:10.3389/fmars.2022.861557
- Gómez-Letona, M.; Arístegui, J.; Hernández-Hernández, N.; Álvarez-Salgado, X.A.; Álvarez, M.; Delgadillo, E.; Pérez-Lorenzo, M.; Teira, E.; Hernández-León, S.; Sebastián, M. (2022) Deep ocean prokaryotes and fluorescent dissolved organic matter reflect the history of the water masses across the Atlantic Ocean Progress in Oceanography DOI:10.1016/j.pocean.2022.102819
- TFM - Amparo Isabel Cid Iturbe (20/10/2022) A systematic quick scoping review: The state of knowledge regarding seagrass and seaweed restoration = Una revisión sistemática (quick scoping review) del estado del conocimiento en materia de restauración de fanerógamas marinas y algas UNIVERSIDAD DE MALAGA
- TFM - Clara Marín Pérez (26/07/2022) Seasonal-specific responses of two ecotypes of Zostera marina based on plant traits, energetic reserves, and fatty acid composition Universidade de Vigo (UVIGO)
- TFM - Cristina Bernal Rodríguez (26/07/2022) Descargas de aguas subterráneas en la ría de Vigo: conectividad microbiana y biogeoquímica = Submarine groundwater discharge in the Ría de Vigo: microbial connectivity and biogeochemistry Universidade de Vigo (UVIGO)
- TFM - Elisa Calvo Martín (27/07/2020) Biogeochemistry of subterranean estuaries in the Ría de Vigo (NW Iberian Peninsula) UNIVERSIDAD DE VIGO
- TFG - Pablo Alba González (18/06/2019) Efecto de los aportes de nutrientes por medio de las heces de aves y mamíferos marinos sobre los niveles tróficos inferiores Universidad de Vigo (UVigo)
- Capacidades | Asistencia técnica en mostraxes oceanográficas e costeiras e no procesamento e interpretación dos datos
Asistencia técnica no deseño de mostraxes e selección de sensores para obter datos de observación sobre procesos físicos e bioxeoquímicos en medios mariños, así como no procesamento, modelaxe e interpretación dos datos.
- Capacidades | Caracterización xeoquímica da auga
Análise das propiedades da auga, dende as súas características físicas ata as xeoquímicas, incluídos os compoñentes do sistema do carbono, a concentración de nutrientes, a caracterización da materia orgánica, a concentración de radioisótopos, os elementos traza e elementos de terras raras (ETR), etc.
- Capacidades | Cuantificación dos impactos antropoxénicos sobre a calidade da auga
Análise da acidificación, eutrofización e concentración de diferentes contaminantes (HAP, metais pesados, contaminantes emerxentes, etc.) en mostras de auga, así como do seu impacto sobre os procesos biolóxicos e bioquímicos.
- Capacidades | Desenvolvemento de ferramentas de xestión e toma de decisións baseadas en modelaxe e simulación de escenariosProtección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura Pesquerías
Desenvolvemento de ferramentas específicas para espazos concretos que permitan a avaliación, xestión e toma de decisións baseada na modelaxe dos impactos de escenarios ambientais actuais e posibles escenarios futuros (contaminación, cambio climático, etc.) sobre as condicións oceanográficas, a distribución da biodiversidade, a resposta fisiolóxica ou o desempeño das pesquerías e a acuicultura.
- Capacidades | Desenvolvemento de sistemas de acuicultura multitrófica integrada
Optimización de sistemas de cultivo multitrófico en infraestruturas de acuicultura abertas e pechadas, dende os sistemas de recirculación en acuicultura de peixes e macroalgas, con especial interese no efecto dos microbiomas resultantes sobre o benestar animal, ata o axuste de sistemas de acuicultura de múltiples especies de baixo nivel trófico no océano.