Historia Vital
O servizo de Historia Vital reúne nun mesmo espazo todo o equipamento preciso e o persoal especializado en diversas técnicas para analizar distintos parámetros do ciclo de vida de peixes e outras especies mariñas.
Obxectivos e tarefas
O servizo de Historia Vital ofrece a recollida e procesamento de mostras e permite o acceso ás instalacións para que as propias persoas interesadas poidan procesar as súas mostras, sempre baixo o estrito cumprimento da normativa de uso do servizo. O servizo estrutúrase arredor de sete áreas:
- Histoloxía: produción de bloques e portaobxectos de tecidos con e sen tinguidura para facer seccións con micrótomo. Está especializado en seccións en parafina (ata 3,5 μm) e na tinguidura rutineira de gónadas de peixes con hematoxilina-eosina. Tamén se poden ofrecer baixo petición previa servizos de inclusión en resina e sección, así como outros métodos de tinguidura. O laboratorio de histoloxía conta cun procesador Leica TP 1020, un sistema de inclusión Leica EG 1160, un micrótomo Leica RM 2155, un sistema de tinguidura Leica XL Autostainer, dúas estufas Memmert, extractores de gases, dous armarios para produtos químicos e un almacén de produtos químicos para gardar as mostras fixadas en formol.
- Parámetros reprodutivos: estimación de parámetros reprodutivos de peixes. Está especializado na determinación por microscopia do sexo, a maduración, o ciclo sexual, a estratexia reprodutiva e a fecundidade (esta última determinada tanto polo método estereolóxico como polo gravimétrico). O laboratorio está equipado cun microscopio Leica Z6 APOA acoplado a unha cámara dixital Leica DFC490, un microscopio óptico Leica DMRE con platina motorizada acoplado a unha cámara dixital Leica DFC320 e un microscopio de fluorescencia Leica DM 5500B con platina motorizada acoplado a unha cámara dixital Leica DFC310FX.
- Bioenerxética: cuantificación de enerxía (en calorías ou en quilojoules) por calorimetría en distintos tipos de tecidos de organismos mariños. Estimación de calidade en ovos de peixes por calorimetría ou peso seco. O laboratorio de bioenerxética está equipado cunha bomba calorimétrica Parr 6300 conectada a un PC para descarga de datos, dúas estufas Memmert e unha estufa Selecta.
- Esclerocronoloxía: determinación da idade (en anos) en otólitos de peixes en estado natural, torrados e queimados, tanto en seccións como sobre a estrutura completa. O laboratorio de esclerocronoloxía conta con dous microscopios estereoscópicos Leica MZ6 acoplados a cámaras dixitais Leica DFC290HD e Leica IC80HD, así como cun microscopio estereoscópico Leica EZ4 HD.
- Análise de imaxe: medida, cuantificación e análise de estruturas de seccións histolóxicas de gónadas de peixes; estimación da fecundidade polo método autodiamétrico. Estudos de dendrocronoloxía en otólitos de peixes. Xeración de imaxes multifocais. Xeración de imaxes microscópicas en mosaico de alta resolución. Procesamento de imaxes de fluorescencia. O servizo conta cos programas de software Leica Q-Win 3.4, LAS v4.1 (módulos: Macro Editor, Advanced Analysis, Store and Recall, Multistep, Macro Runner, Interactive Measurement, Live Measurement, Multifocus e Extended Annotation), Govocitos 2.1., AnalySIS, COFECHA e ARSTAN.
- Ecoloxía espacial con telemetría acústica: todos os aspectos da bioloxía e ecoloxía das especies animais desenvólvese no espazo. Polo tanto, o estudo dos patróns espaciais dos procesos ecolóxicos é vital para acadar unha xestión eficaz e sostible dos recursos, como tamén o é a integración da compoñente espacial e comportamental no enfoque ecosistémico da avaliación e xestión de pesquerías. O servizo conta co equipamento e os coñecementos necesarios para levar a cabo estes estudos en organismos mariños mediante técnicas de telemetría acústica.
- Ecoloxía molecular: metodoloxías de secuenciación de ADN de nova xeración e de alto rendemento (HTS), incluídas as metodoloxías close-kin mark-recapture, RAD-Seq, determinación da idade por epixenética e ferramentas de xenómica e transcriptómica de ADN ambiental para desvelar os mecanismos moleculares subxacentes á plasticidade e diversidade en peixes, así como para profundar nos mecanismos ecolóxicos e evolutivos a distintos niveis funcionais: de ecosistema, de comunidade e de individuo.
Catálogo de servizos
- HISTOLOXÍA
- ESCLEROCRONOLOXÍA EN PEIXES | DETERMINACIÓN DA IDADE E DO CRECEMENTO DIARIO OU ANUAL
- ESTIMACIÓN DE FERTILIDADE EN PEIXES MEDIANTE ANÁLISE DE IMAXE
- IDENTIFICACIÓN MOLECULAR DE ESPECIES
- PREPARACIÓN DE BIBLIOTECAS XENÓMICAS E TRANSCRIPTÓMICAS
- ULTRASECUENCIACIÓN | ANÁLISE BIOINFORMÁTICA DE EXPRESIÓN XÉNICA DIFERENCIAL E PROCESAMENTO ALTERNATIVO DE EXPERIMENTOS DE ARN-seq
- ASISTENCIA BIOINFORMÁTICA EN PROXECTOS DE GENÓMICA E PROTEÓMICA
Equipo
-
LauraCasasCastañoInvestigador/a posdoutorallauracasas@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438523
-
MariñaFabeiroQuinteiroPersoal técnico de apoiofabeiro@iim.csic.es986 23 19 30
-
EliaLópezIglesiasPersoal técnico de apoioelopez@iim.csic.es986 23 19 30
-
CristinaNineVidalPersoal técnico de apoioninevidal@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438524
-
SoniaRábadeUberosPersoal técnico de apoiosoniaru@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438525
-
FranSaboridoReyInvestigador/a Principalfran@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438522
-
NairVilasArrondoPersoal técnico de apoionvilas@iim.csic.es986 23 19 30
-
DavidVillegasRíosInvestigador/a posdoutoraldvillegas@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438586