IMAPeO: Instrumentación, modelaxe, análise e procesamento en oceanografía
O servizo IMAPeO ten como finalidade axudar o persoal investigador e as empresas implicadas na recollida de datos de observación ou na modelaxe de procesos físicos e bioxeoquímicos en medios mariños.
Obxectivos e tarefas
IMAPeO proporciona servizos oceanográficos, dende o deseño dunha campaña oceanográfica ata a interpretación de produtos xerados a partir de datos procesados obtidos durante a campaña.
Catálogo de servizos
- ASISTENCIA TÉCNICA NA MOSTRAXE DE CAMPO E NO PROCESAMENTO E INTERPRETACIÓN DE DATOS
- DESENVOLVEMENTO E MELLORA DE INSTRUMENTOS E SENSORES OCEANOGRÁFICOS COMERCIAIS
- INTEGRACIÓN DE INSTRUMENTOS OCEANOGRÁFICOS
- MOSTRAXE DE CAMPO NO MAR
- PROCESAMENTO E ANÁLISE DE DATOS OCEANOGRÁFICOS
- MODELAXE NUMÉRICA