Produtos de innovación
- Capacidades | Avaliación do período de conservación dun produto e desenvolvemento de sistemas de envasado personalizados para os produtos do mar
Avaliación da viabilidade e duración do período de conservación dos produtos do mar. Desenvolvemento e adaptación ad hoc de sistemas innovadores de envasado de alimentos (atmosferas modificadas, etc.) para mellorar a calidade, garantir a seguridade e alongar o período de conservación dos produtos da pesca e da acuicultura.
- Capacidades | Xeración e subministro de mutantes de peixe cebra
Xeración de mutantes estables e liñas transxénicas de peixe cebra para o seu uso como modelos de sistemas no estudo de enfermidades humanas e de peixes.
- Software | Kit de ferramentas SSm GO: procura dispersa para optimización global en Matlab
SSm GO é un kit de ferramentas en Matlab con varios algoritmos de optimización global para problemas de optimización non lineais (NLP e MINLP) que utilizan procura dispersa.
Podes atopar máis información aquí.
- Capacidades | Avaliación da supervivencia das capturas incidentais pesqueiras e ecoloxía espacial de especies de peixes mediante técnicas de telemetría
Uso de marcaxe acústica e de técnicas de biotelemetría para seguimento do comportamento dos peixes e avaliación da supervivencia das capturas incidentais da pesca.
- Capacidades | Desenvolvemento de novos produtos alimentarios a partir de subprodutos da pesca e da acuicultura
Desenvolvemento de procesos para a transformación de descartes e subprodutos do mar en novas materias primas (pasta de peixe, aceite de peixe, etc.) con valor engadido para a xeración de innovadores produtos alimentarios procesados (hamburguesas, nuggets, etc.), garantindo a súa trazabilidade, o seu valor nutricional e a súa seguridade ao longo de novas cadeas de valor.
- Capacidades | Asistencia técnica en mostraxes oceanográficas e costeiras e no procesamento e interpretación dos datos
Asistencia técnica no deseño de mostraxes e selección de sensores para obter datos de observación sobre procesos físicos e bioxeoquímicos en medios mariños, así como no procesamento, modelaxe e interpretación dos datos.
- Capacidades | Avaliación do valor nutricional dos produtos do mar e deseño de tratamentos e produtos para nutrición personalizada
Deseño e desenvolvemento de produtos do mar para persoas consumidoras obxectivo (terceira idade, mocidade, pacientes con diabetes ou alerxias ao marisco, etc.) que cumpran uns requisitos específicos tanto nutricionais como de seguridade e sostibilidade. Desenvolvemento de técnicas (metabolómicas, proteómicas, xenómicas, lipidómicas, etc.) mediante o uso de modelos animais e cultivos celulares para caracterizar a resposta a unha dieta de pacientes ou persoas consumidoras e deseñar tratamentos e produtos para unha nutrición personalizada (p. ex., nutracéuticos, produtos do mar hipoalerxénicos, inmunoestimulantes, alimentos funcionais, etc.).
- Software | Deseño baseado en modelos de sistemas activos de envasado intelixente con actividade antimicrobiana
Código Matlab para desenvolver simulacións e optimizar o deseño de envases utilizando axentes antimicrobianos naturais (carvacrol) para a pescada (Merluccius merluccius). Ademais, considérase o uso de diferentes polímeros como posibles materiais de envasado activo.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | DOTcvpSB: Matlab toolbox for Dynamic Optimization in Systems Biology (kit de ferramentas en Matlab para a optimización dinámica en bioloxía de sistemas)
DOTcvpSB é un kit de ferramentas escrito en MATLAB que utiliza o método de parametrización do vector de control (CVP) para manexar problemas de optimización dinámica enteiro-mixtos. DOTcvpSB aplicouse con éxito a diversos problemas en bioloxía de sistemas e enxeñaría de bioprocesos.
Podes atopar máis información aquí.
- Capacidades | Prospección de novos compoñentes bioactivos
Prospección de novos compoñentes bioactivos en organismos mariños e en subprodutos da industria alimentaria, incluída a caracterización da súa actividade e a validación da súa aplicación en diferentes sectores (sanitario, cosmético, nutrición, etc.).