Biotecnoloxía
A biotecnoloxía está a experimentar unha rápida aceleración grazas aos avances nas técnicas -ómicas e na capacidade de computación, que nos permiten entender mellor como aproveitar a maquinaria da natureza para o ben da humanidade. A biotecnoloxía é unha disciplina moi ampla que explota procesos biolóxicos, células ou organismos para desenvolver novas tecnoloxías e ten aplicacións que van dende a agricultura e acuicultura ata a produción de alimentos, os procesos industriais ou a medicina.
Debido a esta ampla gama de aplicacións, a biotecnoloxía adoita clasificarse segundo un código de cores de acordo aos seus catro eidos de aplicación principais. A biotecnoloxía industrial coñécese normalmente como biotecnoloxía branca, mentres que o vermello se reserva para aplicacións médicas, o verde para desenvolvementos relacionados coa agricultura e o azul para aqueles procesos que teñen que ver co medio acuático.
O carácter interdisciplinario do IIM-CSIC permítenos colaborar con distintos sectores para aplicar innovacións biotecnolóxicas que abranguen todo o rango de cores da biotecnoloxía.
A continuación podes ver todas as nosas capacidades e servizos asociados.
Capacidades
- Software | AMIGO2: Advanced Modelling and Identification using Global Optimization (modelaxe e identificación avanzada mediante optimización global), versión 2
AMIGO2 é un kit de ferramentas multiplataforma baseado en MATLAB deseñado para resolver problemas de optimización matemática básicos para a bioloxía de sistemas, dentro do contexto da identificación de modelos paramétricos, a hipótese subxacente ao desenvolvemento de modelos e o control óptimo dos sistemas biolóxicos para acadar o comportamento desexado de forma sintética.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | PREMER: inferencia rápida en redes con teoría da información
PREMER (Parallel Reverse Engineering with Mutual information & Entropy Reduction [enxeñaría inversa paralela con información mutua e redución de entropía]) é unha ferramenta de software multiplataforma de código aberto para inferencia de estruturas de redes a partir de datos mediante medidas de teoría da información. É unha ferramenta de uso xeral desenvolvida pensando en redes biolóxicas, pero pódese aplicar a outros campos.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | BioPreDyn-bench: paquete de problemas de referencia para modelaxe dinámica en bioloxía de sistemas
BioPreDyn-Bench é un paquete de problemas de referencia para modelaxe dinámica en bioloxía de sistemas. Actualmente contén seis problemas complexos de estimación de parámetros que aspiran a servir de casos de proba de referencia neste eido. Este paquete inclúe modelos cinéticos a media e grande escala de células de E. coli, S. cerevisiae, D. melanogaster, ovario de hámster chinés (CHO) e unha rede de sinalización xenérica. O nivel de descrición inclúe o metabolismo, a transcrición, a transdución de sinais e o desenvolvemento.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | MIDER: kit de ferramentas para inferencia en redes mediante distancia de información mutua e redución da entropía
MIDER (distancia de información mutua e redución de entropía) é una ferramenta de software de uso xeral para inferir estruturas de redes. Desenvolveuse pensando en redes biolóxicas, pero pode aplicarse a outros campos.
Podes atopar máis información aquí.
- Software | MEIGO: kit de ferramentas multiplataforma para optimización global mediante metaheurística
MEIGO é un kit de ferramentas para optimización global que inclúe unha serie de métodos metaheurísticos, así como un método de inferencia bayesiana para estimación de parámetros.
Podes atopar máis información aquí.
Proxectos activos
- LIFE REFISH -

Flexible biorefinery to valorise discards and by-products of the European fish and seafood production (REFISH)

Investigador/a Principal:VázquezÁlvarezXosé AntónInstitución financiadora:LIFE Environment (Nature & Circular Economy)Financiamento para o IIM-CSIC:357637€Doao - PESCANDO 4.0 -

Plataforma Blockchain e IoT para garantizar la trazabilidad, seguridad, calidad y sostenibilidad en la cadena de valor de los productos pesqueros

Investigador/a Principal:VilasFernándezCarlosInstitución financiadora:PROYECTO FINANCIADO POR EL PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILIENCIA Y LOS FONDOS EUROPEOS NEXT GENERATION EU EN EL MARCO DEL REAL DECRETO 685/2021 DEL 3 DE AGOSTOFinanciamento para o IIM-CSIC:145812€Doao - METDISHFISH -

Terapias metabólicas para el tratamiento de enfermedades infecciosas en peces de cultivo

Investigador/a Principal:NovoaGarcíaBeatrizInstitución financiadora:Ayuda cofinanciada por el Fondo Europeo Marítimo y de Pesca y el Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.Financiamento para o IIM-CSIC:324175€Doao - BIOTRANSFER -

Polymicrobial L. monocytogenes-carrying biofilms as a key on the risk of listeriosis in foods

Investigador/a Principal:LópezCaboMartaInstitución financiadora:CSICFinanciamento para o IIM-CSIC:28557€Doao - VALOR -

Valorización integral de los efluentes y residuos de pieles generados en el proceso de producción de gelatinas marinas de alta calidad

Investigador/a Principal:VázquezÁlvarezXosé AntónInstitución financiadora:CSICFinanciamento para o IIM-CSIC:21600€Doao - DTWINE2021 -

Digital Twins to optimize energy efficiency and product quality in WINEries

Investigador/a Principal:BalsaCantoEvaInstitución financiadora:Proyecto PLEC2021-007827 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033 y por la Unión Europea NextGenerationEU/PRTRFinanciamento para o IIM-CSIC:248164€Doao - SEAFOOD-ID -

ANALYTICAL STRATEGIES BASED ON NON-DESTRUCTIVE METHODS AND METAGENOMICS FOR THE CONTROL OF PRODUCTION METHOD AND GEOGRAPHIC ORIGIN

Investigador/a Principal:GonzálezSoteloCarmenPérezMartínRicardo IsaacInstitución financiadora:Proyecto PID2020-118012RB-C21 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033Financiamento para o IIM-CSIC:168000€Doao - IMANREFIVIR -

IMMUNE ANTIVIRAL RESPONSE OF FISH AGAINST RNA VIRUSES

Investigador/a Principal:NovoaGarcíaBeatrizInstitución financiadora:Proyecto PID2020-119532RB-I00 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033Financiamento para o IIM-CSIC:160000€Doao - Contrato Programa -

AYUDA CONVENIO ENTRE CSIC Y LA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN -GAIN- PARA EL DESARROLLO DE PROGRAMAS DE I+D+i EN LOS INSTITUTOS DE INVESTIGACIÓN DEL CSIC EN GALICIA Y EN LOS CENTROS OCEANOGRÁFICOS DEL INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (CSIC-IEO). 2021-2022

Investigador/a Principal:SaboridoReyFranInstitución financiadora:Agencia Galega de InnovaciónFinanciamento para o IIM-CSIC:521824€Doao - ISEAS -

Nanopartículas con hidrolizados de colágeno marino: aplicaciones en cosmética

Investigador/a Principal:PérezMartínRicardo IsaacInstitución financiadora:CSICFinanciamento para o IIM-CSIC:52000€Doao