SÍGUEO POR STREAMING 

(enlace dispoñible no día da transmisión)

Os “Encontros Espresso" son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.

Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.

Este novo formato comezará ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC, e irán acompañados con café de cortesía ("Espresso") para favorecer o bo fluír da comunicación.

Nesta ocasión, o seminario correrá a cargo de Robert Perryman, investigador posdoutoral do grupo de Ecoloxía Mariña Integrada (INMARE).

Ray Reunions and Social Skates:  Diving into the social lives of elasmobranchs- from Papua to Spain via Australia

Rob falará da súa investigación de doutoramento titulada "Organización social, comportamento social e movementos colectivos nas mantarraias de arrecife", así como das súas experiencias na recollida de datos en Raja Ampat, Papúa Occidental, unha rexión excepcional para a biodiversidade mariña. Utilizou unha variedade de métodos, incluíndo identificación fotográfica, telemetría acústica, observacións con drons e análise de redes sociais, para estudar o comportamento das raias manta. Ademais, participou en proxectos de conservación que xestionan as interaccións entre as raias manta e os humanos da zona. Agora en Vigo abordará tamén o seu novo papel no proxecto BELAS (Villegas-Ríos), onde investiga o comportamento das raias (Raja undulata) na interface espacial-social.

Robert Perryman

Investigador posdoutoral no IIM. Os seus principais intereses de investigación centranse na relación entre o comportamento espacial e social dos elasmobranquios, na protección dos océanos e na busca de novos métodos para estudar a comportamento da megafauna mariña. Conta con máis de 10 anos de experiencia no estudo de tiburóns e raias, dos cales pasou 5 anos en Raja Ampat, Indonesia, en colaboración coa Marine Megafauna Foundation. Completou o seu doutoramento na Universidade Macquarie en Sídney en 2021.

More