Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños
No noso esforzo por poñer a investigación e a innovación ao servizo da sociedade, no Instituto traballamos para garantir a seguridade e a calidade dos alimentos nos sistemas de produción.
Este é o obxectivo do Grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños, tamén coñecido como "MicroTEC". O grupo traballa para mellorar a calidade e seguridade do peixe e os produtos do mar segundo a estratexia "Farm to fork" ("da granxa á mesa"), garantindo a sostibilidade ao tempo que se mitigan os impactos do cambio climático e outros factores como a migración das poboacións ou a superpoboación.
A súa investigación no eido da seguridade dos alimentos céntrase actualmente na sociobioloxía das biopelículas que albergan a bacteria Listeria monocytogenes, tratando aspectos relacionados coa xenética, microscopia e ecoloxía destas comunidades. Ademais, o grupo estuda as interaccións tanto intra como interespecíficas dentro destas comunidades mixtas para contribuír ao deseño de protocolos de desinfección efectivos contra biopelículas, específicos para cada obxectivo e respectuosos co medio ambiente.
MicroTEC tamén coordina RISEGAL, a Rede Galega de Riscos Alimentarios Emerxentes, participando na identificación e caracterización de riscos emerxentes na cadea de produción alimentaria. A rede ten como finalidade anticiparse aos riscos para a saúde alimentaria asociados ao cambio climático e construír así novos sistemas de produción máis resilientes.
Por último, dentro do marco da Industria Alimentaria 4.0, a nosa investigación actual sobre calidade alimentaria está orientada ao estudo de tecnoloxías non invasivas, como a análise hiperespectral, para avaliar as propiedades organolépticas e a calidade dos produtos do mar nun intento por configurar un sistema agroalimentario intelixente e autónomo.
- BATEALERT -
<p>Programa Ciencias Mariñas: Batea Intelixente</p>
Investigador/a Principal:RodríguezHerreraJuan JoséInstitución financiadora:El Programa de Ciencias Mariñas de Galicia es 1 de los 5 programas de Ciencias Marinas de los Planes Complementarios de I+D+I del Plan de Recuperación Transformación y Resilencia. Financiado por FEMP/FEMPA.Financiamento para o IIM-CSIC:111066€Doao - HIPERCAL -
<p>Programa Ciencias Mariñas: Tecnoloxía de análise hiperespectral para a monitorización da calidade de alimentos de orixe mariño</p>
Investigador/a Principal:RodríguezHerreraJuan JoséInstitución financiadora:El Programa de Ciencias Mariñas de Galicia es 1 de los 5 programas de Ciencias Marinas de los Planes Complementarios de I+D+I con las CCAA del Plan de Recuperación Transformación y Resilencia (NextGenerationEU).Financiamento para o IIM-CSIC:13019€Doao - PESCANDO 4.0 -
<p>Plataforma Blockchain e IoT para garantizar la trazabilidad, seguridad, calidad y sostenibilidad en la cadena de valor de los productos pesqueros</p>
Investigador/a Principal:VilasFernándezCarlosInstitución financiadora:PROYECTO FINANCIADO POR EL PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILIENCIA Y LOS FONDOS EUROPEOS NEXT GENERATION EU EN EL MARCO DEL REAL DECRETO 685/2021 DEL 3 DE AGOSTOFinanciamento para o IIM-CSIC:145812€Doao - BIOTRANSFER -
<p>Polymicrobial L. monocytogenes-carrying biofilms as a key on the risk of listeriosis in foods</p>
Investigador/a Principal:LópezCaboMartaInstitución financiadora:CSICFinanciamento para o IIM-CSIC:28557€Doao <p>Impacto de factores estresantes en los ecosistemas costeros</p>
Investigador/a Principal:CobeloGarcíaAntonioInstitución financiadora:Ayudas cofinanciadas con fondos de la Agencia Gallega de Innovación de la Xunta de GaliciaFinanciamento para o IIM-CSIC:75000€Doao
- Gloria Sánchez Moragas; Mónica Carrera Mouriño; Esteban Abad Holgado; Ana Allende Prieto; Marta Fernández García; Pilar García Suárez; Belén Gómara Moreno; Marta López Cabo; Wenceslao Moreda Martino; Francisco Javier Moreno Andújar; Lourdes Ramos Rivero; Deni Vélez Pacios (2021) Chapter 7: Food Safety " White Paper 6: Sustainable Primary Production" Consejo Superior de Investigaciones Científicas
- Kocot, A.M.; Wróblewska, B.; Cabo, M.L. (2021) Operational culture conditions determinate benzalkonium chloride resistance in L. monocytogenes-E. coli dual species biofilms International journal of food microbiology DOI:10.1016/j.ijfoodmicro.2021.109441
- Valero, A.; Arroyo-López, F.N.; Cabo, M.L.; Chen, S.; Pérez-Díaz, I.M. (2021) Editorial: Vibrio Species in the Food Processing Chain Frontiers in Microbiology DOI:10.3389/fmicb.2021.796796
- Méndez L; Barros L; Muñoz S; Medina I (2021) FTSC-Labeling Coupled with 2DE-LC¿MS/MS Analysis of Complex Protein Mixtures for Identification and Relative Quantification of Tissue Carbonylome " Shotgun Proteomics. Methods in Molecular Biology" Springer Nature / Springer ISBN:978-1-0716-1177-7
- Cabo M.L; Romalde J; Simal J; Gago-Martínez A; Giráldez J; Bernárdez M; Pascual del Hierro S; Pousa A; Manaia C.M; Abreu J.; Rodríguez-Herrera (2020) Identification of Emerging Hazards in Mussels by the Galician Emerging Food Safety Risks Network (RISEGAL). A First Approach Foods DOI:10.3390/foods9111641
- TFM - Andrea Arribas Jimeno (26/09/2022) Aplicabilidad de la tecnología de imágenes hiperespectrales (HSI) como método no invasivo para la evaluación de la calidad del pescado UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
- TFM - Aida Galán Veiga (17/02/2020) Riesgos microbiológicos emergentes en alimentos de origen marino en la Comunidad de Galicia. Una primera aproximación Universidad de Santiago de Compostela (USC)
- TFM - María Guisantes Alonso (10/02/2020) Sociobiología de biofilms de Listeria monocytogenes Universidad de Santiago de Compostela (USC)
- PhD - Pedro Rodríguez López (03/03/2017) Enzyme-Benzalkonium chloride combined strategies to remove Listeria monocytogenes mixed-species biofilms UNIVERSIDAD AUTONOMA DE BARCELONA
- PhD - Maruxa Mosquera Fernández (02/11/2016) Caracterización numérica de la dinámica espacio-temporal de biopelículas bacterianas de Listeria monocytogenes Universidade de Vigo (UVIGO)
- Capacidades | Desenvolvemento de novos produtos alimentarios a partir de subprodutos da pesca e da acuicultura
Desenvolvemento de procesos para a transformación de descartes e subprodutos do mar en novas materias primas (pasta de peixe, aceite de peixe, etc.) con valor engadido para a xeración de innovadores produtos alimentarios procesados (hamburguesas, nuggets, etc.), garantindo a súa trazabilidade, o seu valor nutricional e a súa seguridade ao longo de novas cadeas de valor.
- Capacidades | Desenvolvemento de etiquetaxe intelixente e activa dos alimentos
Desenvolvemento de etiquetas intelixentes para os alimentos baseadas en modelos de oxidación, crecemento microbiano, etc. que permitan a quen os consume saber cando os alimentos xa non son aptos para o seu consumo, axudando a evitar o desbaldo de alimentos, e que informen sobre a súa frescura, temperatura do paquete, etc.
- Capacidades | Desenvolvemento de sensores intelixentes para optimizar o procesamento e a conservación dos alimentos
Desenvolvemento de métodos e tecnoloxías non invasoras (como a tecnoloxía de toma de imaxe hiperespectral) para inspeccionar a calidade dos produtos alimentarios.
- Capacidades | Desenvolvemento de sistemas de control e optimización a nivel da planta completa na industria alimentaria
Modelaxe a múltiples escalas para flexibilizar a toma de decisións e optimizar procesos complexos (p. ex., esterilización) baseado no control da seguridade e calidade dos produtos alimentarios mediante técnicas non invasoras (sensores de software, etc.).
- Capacidades | Deseño de procedementos de desinfección e modelaxe para a prevención da resistencia a axentes antimicrobianos
Desenvolvemento de estratexias químicas (combinacións de desinfectantes, aceites esenciais) e biolóxicas (encimas, fagos) que sexan efectivas na eliminación de biopelículas monoespecíficas e mixtas en superficies usadas na industria alimentaria. Proba de biocidas e desenvolvemento de mellores estratexias de dosificación de biocidas para a industria alimentaria, garantindo a seguridade alimentaria ao tempo que se evita a adquisición de resistencia a axentes antimicrobianos.
- Patente | Atmosferas modificadas para a conservación de bivalvos vivos en envases herméticos
Autoría: Laura Pastoriza; Gabriel Sampedro Cedeira; Marta Bernárdez Costas; Marta López Cabo; Juan José Rodríguez Herrera
A invención refírese a un método de conservar mariscos vivos utilizando unha atmosfera modificada que é rica en osíxeno e que contén un segundo compoñente principal de nitróxeno para conservar os moluscos bivalvos vivos e manter a calidade dos devanditos alimentos durante o máximo tempo posible ao longo do proceso de comercialización e venda. O envasado comercial do marisco debe estar completamente cheo e ben compacto, para o que as unidades deben inserirse perfectamente durante a operación de enchido mediante un vibrador, de xeito que os moluscos bivalvos non poidan abrir as súas valvas e perder así líquido intervalvar ao longo do proceso de venda. A invención refírese ao bivalvo máis popular do mercado canto a vendas e prezos e, por tanto, é de especial interese para o sector mexilloneiro. Podes ver información más detallada premendo aquí.
- Patente | Procedemento para a extracción do ácido hialurónico do humor vítreo do peixe
Autoría: Miguel Anxo Murado; María Montemayor Castroviejo; Marta López Cabo; María del Pilar González Fernández; Laura Pastoriza Enríquez
Técnica para a preparación de ácido hialurónico (AH) a partir do humor vítreo do peixe para o seu uso en cosmética e en clínica. O proceso comprende a electrodeposición de proteínas e a súa diafiltración simultánea con recirculación total. Este procedemento permite a recuperación selectiva dos sedimentos impuros, a precipitación do AH e a solubilización de proteínas, xerando un AH cunha pureza superior ao 99,5 %. Podes ver información máis detallada premendo aquí.
- Patente | Operación óptima para a produción de nisina
Autoría: Marta López Cabo; Miguel Anxo Murado García; M P González Fernández; Laura Pastoriza EnrÍquez; Juan José Rodríguez Herrera; Lorenzo Miguel Pastrana Castro
Método para a produción de nisina en cultivo somerxido baseada na realcalinización reiterada do medio, sempre que o cultivo manteña a capacidade de recuperar o seu nivel de estabilización, combinada cun réxime descontinuo de subministro de glicosa. Podes ver información máis detallada premendo aquí.