Capacidades

  • Software | GOVOCITOS

    Govocitos é un software libre de análise de imaxe que permite a determinación doada e precisa de parámetros reprodutivos en peixes a partir de imaxes histolóxicas. Aínda que se deseñou para a estimación da fertilidade en peixes, as súas aplicacións son ampliables a outros problemas de reconto, medida e clasificación (p. ex., reconto de pole, oncoloxía e citoloxía, etc.).

    Podes atopar máis información aquí.

  • Capacidades | Avaliación de stocks pesqueiros mediante o uso de enfoques tradicionais e de ecoloxía molecular

    Desenvolvemento de modelos de avaliación de stock para estimar o estado das poboacións de peixes e os valores de Rendemento Máximo Sostible das pesquerías a partir de datos de presión pesqueira e parámetros de dinámica de poboacións (abundancia, distribución, idade, fecundidade, etc.) obtidos mediante métodos tradicionais e técnicas -ómicas, que permiten unha resolución espacial moito maior. 

     

  • Capacidades | Avaliación da supervivencia das capturas incidentais pesqueiras e ecoloxía espacial de especies de peixes mediante técnicas de telemetría

    Uso de marcaxe acústica e de técnicas de biotelemetría para seguimento do comportamento dos peixes e avaliación da supervivencia das capturas incidentais da pesca.

     

  • Prototipo: iObserver: sistema de vixilancia electrónica a bordo para identificación e cuantificación de capturas

    iObserver é un dispositivo de vixilancia innovador que usa vixilancia automatizada por vídeo acoplada a desenvolvementos de intelixencia artificial para recoñecemento visual e cuantificación das capturas a bordo de barcos pesqueiros.

    iObserver consiste nun sistema de gravación de imaxe continua adaptable a diversos tipos de barcos pesqueiros e algoritmos de Deep Learning para identificar e cuantificar automaticamente as capturas a bordo en tempo real.

    iObserver céntrase fundamentalmente no desenvolvemento de algoritmos para o recoñecemento automático fiable e a estima do tamaño de especies de peixes sobre unha cinta transportadora. Fixéronse probas a bordo tanto de buques oceanográficos españois como de barcos pesqueiros. Con máis de 300 días no mar, iObserver utilizouse en máis de 1000 lances, tomou máis de 200.000 imaxes e o sistema xa conta con 17 especies incluídas no seu catálogo.  

    Para máis información, escríbenos un correo electrónico.

  • Capacidades | Incidencia de patóxenos e avaliación do risco

    Detección e identificación de patóxenos en animais salvaxes e de cultivo, así como en produtos do mar. Avaliación da relación entre a incidencia de patóxenos e diversos aspectos medioambientais e fisiolóxicos para levar a cabo avaliacións do risco en relación con patóxenos obxectivo.

Proxectos activos