Ollando cara o norte: xornada de ciencia cidadá mariña
A plataforma "Observadores del Mar" trae a Vigo o evento "Ollando cara o norte", da man de Miquel Planas do IIM. Unha xornada aberta sobre ciencia cidadá que terá lugar o venres 2 de xuño no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) e Observadores del Mar, plataforma de ciencia cidadá do CSIC, organizan estas xornada de ciencia cidadá na costa do Atlántico Norte o venres 2 de xuño no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, co obxectivo de visibilizar o rol da ciencia cidadá mariña na conservación do mar e para fomentar a implicación de toda a comunidade, incluíndo novos sectores estratéxicos.
Estrutura da xornada
A xornada dividirase en dúas sesións:
Pola mañá, de 10 a 13h
1️⃣ Benvida e presentación:
- Observadores del Mar. Joaquim Garrabou (ICM-CSIC)
- Programas de seguimento de especies vulnerables en España. Macarena Marambio (ICM-CSIC)
- Familia Signátidos, fascinantes e vulnerables. Miquel Planas (IIM-CSIC)
- Especies invasoras. Rafael Bañón (GEMM )
2️⃣ Proxección.
3️⃣ Mesa redonda: “Ciencia ciudadana marina para la investigación, la administración y la ciudadanía. Sinergias entre diferentes sectores.”
- Con Paulino Cameselle (CIESUB), Noelia Estévez (Xunta de Galicia - REDOGAL), José Antonio Fernández (P.N. Illas Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia), Fabián Ben (Fderación Nacional de Confrarías de Pescadores), Jesús S. Troncoso (Universidade de Vigo) e Eva Velasco (DIVERSIMAR - IEO Vigo). Modera: Sandra Espeja (Observadores del Mar).
🍽️ Aperitivo
Pola tarde, de 16h a 19h | 👨👩👧👧Talleres para tódolos públicos.
4️⃣ Observadores del Mar: como formar parte da ciencia cidadá mariña.
5️⃣ Cabaliños de mar e peixes pipa: coñecer para protexer. Miquel Planas (IIM-CSIC)
6️⃣ Especies invasoras en el Atlántico norte. Rafael Bañón (GEMM)
Quen desexe asistir a ambas sesións, debe reservar entradas para cada unha delas seguindo as ligazón á INSCRICIÓN.
Máis información no PROGRAMA.