Vigo, martes, 17 de outubro de 2023. O xurado do XXV FOROACUI xunto coa Sociedade Española de Acuicultura outorgou o 1º PREMIO AUDIOVISUAL cunha dotación de 200 euros para o traballo presentado polo Laboratorio de Biotecnoloxía Acuática do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC.

O traballo, titulado "Benestar animal e domesticación do polbo común: unha aproximación metaxenómica", está realizado por Daniel Costas Imbernón baixo a supervisión de Josep Rotllant e María Saura, coa participación de Teresa Sequeiro e Carolina Costas-Prado (IIM) e en colaboración coa empresa PESCANOVA, a través de Pablo Touriñan, Pablo García- Fernández, Ricardo Tur e David Chavarrías.

O Laboratorio dirixido por Josep Rotllant aplica enfoques moleculares e celulares ao estudo das primeiras etapas do desenvolvemento dos peixes así como das enfermidades que os afectan, ademais de aplicar a ciencia básica para mellorar o rendemento. a eficiencia e a sustentabilidade da acuicultura mariña en todo o mundo.

 

 

More