Capacidades e produtos de innovación
- Capacidades | Desenvolvemento de bioprocesos (biorrefinerías) para extraer bioprodutos e compostos bioactivos a partir de subprodutos da industria alimentaria
Desenvolvemento de bioprocesos que permiten extraer compoñentes útiles de interese industrial a partir de descartes e de subprodutos e efluentes da industria alimentaria. Caracterización bioquímica de compoñentes útiles presentes en distintos tipos de produtos e subprodutos pesqueiros, como coláxeno da pel, encimas das vísceras, condroitín sulfato presente na cartilaxe, quitina das coirazas de crustáceos e das cunchas de xiba ou hidrolizados de proteínas obtidos do músculo. Avaliación de aplicacións potenciais destes compostos mediante a caracterización das súas actividades biolóxicas (antioxidantes, etc.) e as súas propiedades funcionais para o seu uso en diversas industrias, como a biomédica, química, cosmética, alimentaria, etc.
- Capacidades | Caracterización xeoquímica da auga
Análise das propiedades da auga, dende as súas características físicas ata as xeoquímicas, incluídos os compoñentes do sistema do carbono, a concentración de nutrientes, a caracterización da materia orgánica, a concentración de radioisótopos, os elementos traza e elementos de terras raras (ETR), etc.
- Capacidades | Optimización de pensos de peixe
Desenvolvemento de novas fórmulas e dietas sostibles para o seu subministro ás especies de cultivo co fin de mellorar a súa calidade e benestar.
- Software | Fish-T-TaB Simulator: simulador de temperatura do peixe almacenado en cubas ou caixas
Este modelo desenvolveuse e aplicouse por parte de integrantes do Grupo de Traballo da EFSA sobre o transporte e almacenamento de produtos pesqueiros frescos durante o traballo de preparación da Opinión Científica do Comité de Riscos Biolóxicos (BIOHAZ) sobre o uso de cubas para transportar e almacenar produtos pesqueiros frescos (EFSA-Q-2019-00053). Aplicouse a modelaxe de transferencia de calor para estimar a temperatura superficial do peixe durante os procesos relacionados coa temperatura: arrefriamento e posterior mantemento da temperatura refrixerada do peixe (proceso de "arrefriamento") e/ou mantemento da temperatura refrixerada (proceso de "mantemento") do peixe sobre xeo (en caixas) comparado co peixe en auga con xeo (en cubetas) baixo as mesmas condicións de transporte e almacenamento.
Podes atopar máis información aquí.
- Ventá cara ao marInstrumental e sensores mariños Protección costeira e medioambiental Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Ordenación do espazo marítimo
Plataforma interoperable de datos que recolle rexistros dunha variedade de indicadores relativos a riscos costeiros tanto en Galiza coma no Norte de Portugal As variables recollen, entre outras, o risco de eutrofización, erosión costeira, inundación ou perda de diversidade xenética. Vencellado ao proxecto MarRisk, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través del Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
- Software | CRNreals: análise de distinguibilidade de redes de reaccións bioquímicas
Un kit de ferramentas de software de apoio para a análise de distinguibilidade de modelos de redes de reaccións químicas (CRN).
Podes atopar máis información aquí.
- Capacidades | Desenvolvemento de probas de bioactividade in vivo para biomoléculas mediante o uso de modelos animais
Uso de modelos animais (peixe cebra, rodaballo, rato, etc.) como sistemas modelo para estudar a bioactividade de diferentes compostos, así como de enfermidades que afectan a peixes e a seres humanos (choque séptico, doenzas inflamatorias, etc.).
- Capacidades | Desenvolvemento de probas de bioactividade in vitro para biomoléculas mediante o uso de liñas celulares e análises de expresión xénica específicos
Desenvolvemento de técnicas (metabolómica, proteómica, xenómica, lipidómica e biomarcadores) para caracterizar a resposta das células a diferentes biomoléculas e validar a súa actividade e seguridade.
- Capacidades | Predición e caracterización de proliferacións de algas nocivasProtección costeira e medioambiental Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura
Caracterización e modelaxe de proliferacións de algas e a súa interacción coas condicións oceanográficas e medioambientais para modelar e predicir episodios de proliferación.
- Capacidades | Novas tecnoloxías para a detección rápida de patóxenos en produtos da pesca e da acuicultura
Desenvolvemento de técnicas de espectroscopia de masas para a identificación e cuantificación rápida de parasitos en produtos do mar, así como de técnicas de proteómica para identificar microorganismos patóxenos, parasitos de peixes e proteínas alerxénicas.