Proceso de selección da Dirección del IIM-CSIC
[As datas do calendario, así como o titular da Secretaría de Claustro, foron modificadas a data de 22/04/2024]
Comeza o proceso selectivo para a Dirección do Instituto de Investigación Mariñas de Vigo (IIM-CSIC).
Requirimentos para presentarse
Poderá concorrer persoal investigador doutor de recoñecido prestixio que posúa a idoneidade e cualificación profesional axeitadas para o exercicio das funcións propias do posto, podendo ser persoal propio pertencente ao CSIC ou persoal externo vinculado ao CSIC mediante un convenio ou outro instrumento que o prevea. Para iso deberán seguir o seguinte proceso e calendario, e utilizar os modelos de documentación que se indican nesta páxina.
Requirimentos para o contido da candidatura
Todas as solicitudes deberán presentar a seguinte documentación. Deberán seguir os modelos, dispoñibles para descargar nesta páxina, segundo se indica.
1. Carta de presentación segundo modelo establecido (I), explicando a motivación para ocupar a dirección do instituto, destacando aquelas calidades que considera que demostran a súa aptitude para o posto.
2. Curriculum Vitae (CV) completo..
3. Proxecto de Dirección Detallado, seguindo o modelo establecido (II), co seguinte esquema:
- Análise da situación, misión e visión do Instituto (en liña, a título orientativo, cos apartados incluídos no Plan Estratéxico do CSIC vixente).
- Análise DAFO e perspectiva a curto e medio prazo.
- Programa científico, incluíndo retos e resultados esperados, estratexia proposta e accións a levar a cabo.
- Programa de xestión, tendo en conta a situación económico-administrativa do Instituto.
- No caso de tratarse dunha candidatura que se volva a presentar e que xa exercera a dirección, engadirase un informe sobre os resultados obtidos e o cumprimento dos obxectivos propostos na súa candidatura anterior.
Proceso e calendario
- 19/02/2024 - A Xunta de Instituto comeza o proceso de selección.
- 23/02/2024 - Publicación da futura vacante na web do IIM e do CSIC. Apertura do prazo de presentación de solicitudes. Debe incluírse toda a documentación recollida no epígrafe "Requirimentos para o contido da candidatura".
- 25/03/2024 - Peche do prazo de presentación de solicitudes.
- 01/04/2024 - Xunta de revisión e certificación de candidaturas
- 02/04/2024 - As candidaturas presentadas póñense a disposición do Claustro.
- 10/04/2024 - Claustro para presentación de candidaturas, debate e achegas
- 12/04/2024 - Incorporación de achegas e publicación de proxectos actualizados.
- Do 15 ao 22 de abril de 2024 - Presentación de avais. Os avais presentaranse á secretaria do Claustro (Dr. Alejandro Garrido Maestu), individualmente e de forma motivada pero anónima, seguindo o modelo (III) establecido. Poderase avalar un ou varios dos proxectos presentados polas diferentes candidaturas.
- 24/04/2024 - Informe das persoas designadas polo Claustro para contabilizar os avais e resumir os motivos neles expostos, seguindo o modelo establecido (IV).
- 25/04/2024 - Reunión da Xunta e emisión de informe, seguindo modelo establecido (V) e tras recoller a opinión dos grupos de investigación e dos responsables dos departamentos, servizos e xerencia.
Modelos de documentación a presentar
Segundo o modelo establecido, explicando a motivación para ocupar a dirección do instituto, destacando aquelas calidades que considera que a fan apta ou apto para o posto.
Segundo o modelo establecido e detallado, seguindo o seguinte esquema e cunha extensión limitada:
- Análise da situación, misión e visión do instituto (en liña, a título orientativo, cos apartados incluídos no Plan Estratéxico do CSIC vixente).
- Análise DAFO e perspectiva a curto e medio prazo.
- Programa científico, incluíndo retos e resultados esperados, estratexia proposta e accións a levar a cabo.
- Programa de xestión, tendo en conta a situación económico-administrativa do instituto.
- No caso de presentar unha candidatura de novo, engadirase un informe sobre os resultados obtidos e o cumprimento dos obxectivos propostos na súa candidatura anterior.
Non precisa seguir modelo establecido.
Do 15 ao 22 de abril de 2024 - Presentación de avais . Os avais presentaranse ante a Secretaría do Claustro (Dr. Alejandro Garrido Maestu), individualmente e de forma razoada pero anónima e seguindo o modelo establecido (III). Poderase avalar un ou varios dos proxectos presentados polas diferentes candidaturas.
Para o Envío de Propostas, os candidatos e candidatas que teñan interese no posto deberán enviar a documentación requirida por correo electrónico á Xerencia do IIM (gerencia.iim@csic.es), recibindo acuse de recibo.