Produtos de innovación
- Capacidades | Novas tecnoloxías para a detección rápida de patóxenos en produtos da pesca e da acuicultura
Desenvolvemento de técnicas de espectroscopia de masas para a identificación e cuantificación rápida de parasitos en produtos do mar, así como de técnicas de proteómica para identificar microorganismos patóxenos, parasitos de peixes e proteínas alerxénicas.
- Prototipo: iObserver: sistema de vixilancia electrónica a bordo para identificación e cuantificación de capturas
iObserver é un dispositivo de vixilancia innovador que usa vixilancia automatizada por vídeo acoplada a desenvolvementos de intelixencia artificial para recoñecemento visual e cuantificación das capturas a bordo de barcos pesqueiros.
iObserver consiste nun sistema de gravación de imaxe continua adaptable a diversos tipos de barcos pesqueiros e algoritmos de Deep Learning para identificar e cuantificar automaticamente as capturas a bordo en tempo real.
iObserver céntrase fundamentalmente no desenvolvemento de algoritmos para o recoñecemento automático fiable e a estima do tamaño de especies de peixes sobre unha cinta transportadora. Fixéronse probas a bordo tanto de buques oceanográficos españois como de barcos pesqueiros. Con máis de 300 días no mar, iObserver utilizouse en máis de 1000 lances, tomou máis de 200.000 imaxes e o sistema xa conta con 17 especies incluídas no seu catálogo.
Para máis información, escríbenos un correo electrónico.
- Software | GenSSI: kit de ferramentas para a análise de identificabilidade estrutural de modelos biolóxicos
GenSSI é un kit de ferramentas que require MATLAB e Symbolic Math Toolbox. Ofrece unha técnica para estudar a identificabilidade estrutural mediante derivadas de Lie iterativas e táboas de identificabilidade.
Podes atopar máis información aquí.