Accede á sala de emisión

Rexístrate para acceso

 

O vindeiro 27 de febreiro presentaránse os os principais resultados obtidos no proxecto NuTEC -  Novas tecnoloxías moleculares e de control remoto para a avaliación das poboacións de cetáceos", no salón nobre do Instituto de Investigacións Mariñas -CSIC no barrio vigués de Bouzas.

O proxecto, iniciado en 2020, está coordinado dende o IIM-CSIC coa colaboración do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) dende o seu Centro Oceanográfico de Vigo.

Na xornada estará presente parte do equipo do proxecto: Graham J. Pierce (IIM-CSIC), Josep Rotllan Moragas (IIM-CSIC), Paula Suárez Bregua (IIM-CSIC/IEO-CSIC), Camilo Saavedra (IEO-CSIC) e MIguel Álvarez González (IEO-CSIC).

Todo o evento poderá gozarse online, a través dunha sala habilitada a tal efecto e que estará dispoñible no mesmo día da emisión. O acceso poderá levarse a cabo a través do botón situado na parte superior desta páxina. 

Para a asistencia presencial é moi recomendable o rexistro xa que a capacidade do Salón Nobre é limitada. Non se permitirá o acceso a persoas alleas ao IIM-CSIC a partir dos 10 primeiros minutos de inicio da sesión, polo que se prega puntualidade.

O proxecto NuTEC estivo financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través da Fundación Biodiversidad.

+info | Proxecto NuTEC

Programa do evento

12:00h - Benvida

12:15h - Introdución

12:45h - eDNA: presentación, metodoloxía e resultados

13:15h - Drons: presentación, metodoloxía e resultados

13:30h - Divulgación e comunicación do proxecto

13:45h - Conclusións e discusión

14:30h - Peche da xornada

More