• Capacidades | Desenvolvemento de bioprocesos (biorrefinerías) para extraer bioprodutos e compostos bioactivos a partir de subprodutos da industria alimentaria

    Desenvolvemento de bioprocesos que permiten extraer compoñentes útiles de interese industrial a partir de descartes e de subprodutos e efluentes da industria alimentaria. Caracterización bioquímica de compoñentes útiles presentes en distintos tipos de produtos e subprodutos pesqueiros, como coláxeno da pel, encimas das vísceras, condroitín sulfato presente na cartilaxe, quitina das coirazas de crustáceos e das cunchas de xiba ou hidrolizados de proteínas obtidos do músculo. Avaliación de aplicacións potenciais destes compostos mediante a caracterización das súas actividades biolóxicas (antioxidantes, etc.) e as súas propiedades funcionais para o seu uso en diversas industrias, como a biomédica, química, cosmética, alimentaria, etc.

  • Capacidades | Optimización de pensos de peixe

    Desenvolvemento de novas fórmulas e dietas sostibles para o seu subministro ás especies de cultivo co fin de mellorar a súa calidade e benestar.

     

  • Software | Fish-T-TaB Simulator: simulador de temperatura do peixe almacenado en cubas ou caixas

    Este modelo desenvolveuse e aplicouse por parte de integrantes do Grupo de Traballo da EFSA sobre o transporte e almacenamento de produtos pesqueiros frescos durante o traballo de preparación da Opinión Científica do Comité de Riscos Biolóxicos (BIOHAZ) sobre o uso de cubas para transportar e almacenar produtos pesqueiros frescos (EFSA-Q-2019-00053). Aplicouse a modelaxe de transferencia de calor para estimar a temperatura superficial do peixe durante os procesos relacionados coa temperatura: arrefriamento e posterior mantemento da temperatura refrixerada do peixe (proceso de "arrefriamento") e/ou mantemento da temperatura refrixerada (proceso de "mantemento") do peixe sobre xeo (en caixas) comparado co peixe en auga con xeo (en cubetas) baixo as mesmas condicións de transporte e almacenamento.

    Podes atopar máis información aquí.

  • Ventá cara ao mar

    Plataforma interoperable de datos que recolle rexistros dunha variedade de indicadores relativos a riscos costeiros tanto en Galiza coma no Norte de Portugal  As variables recollen, entre outras, o risco de eutrofización, erosión costeira, inundación ou perda de diversidade xenética. Vencellado ao proxecto MarRisk, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional FEDER a través del Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

    Acceder

  • Capacidades | Desenvolvemento de probas de bioactividade in vivo para biomoléculas mediante o uso de modelos animais

    Uso de modelos animais (peixe cebra, rodaballo, rato, etc.) como sistemas modelo para estudar a bioactividade de diferentes compostos, así como de enfermidades que afectan a peixes e a seres humanos (choque séptico, doenzas inflamatorias, etc.).

     

  • Capacidades | Desenvolvemento de probas de bioactividade in vitro para biomoléculas mediante o uso de liñas celulares e análises de expresión xénica específicos

    Desenvolvemento de técnicas (metabolómica, proteómica, xenómica, lipidómica e biomarcadores) para caracterizar a resposta das células a diferentes biomoléculas e validar a súa actividade e seguridade.

  • Capacidades | Novas tecnoloxías para a detección rápida de patóxenos en produtos da pesca e da acuicultura

    Desenvolvemento de técnicas de espectroscopia de masas para a identificación e cuantificación rápida de parasitos en produtos do mar, así como de técnicas de proteómica para identificar microorganismos patóxenos, parasitos de peixes e proteínas alerxénicas.

     

  • Software | Cinética da inactivación de E. coli mediante cloruro de benzalconio v1.0

    Este modelo e o seu código asociado desenvolvéronse para optimizar os protocolos de desinfección e minimizar a resistencia bacteriana. Este modelo aplicouse no seguinte artigo científico: Optimization of E. coli Inactivation by Benzalkonium Chloride Reveals the Importance of Quantifying the Inoculum Effect on Chemical Disinfection. Front. Microbiol., 26 June 2018. https://doi.org/10.3389/fmicb.2018.01259

    Podes atopar máis información e acceder ao código aquí.