Sci-Art | Neuston Experimento 1: explorando a interface
O proxecto Neuston naceu en 2007 para establecer un diálogo transdisciplinar entre científicos e artistas que lles permitise explorar conxuntamente ambas formas de coñecemento, a ciencia e a arte, considerando ambas as dúas. culturas como un todo inseparable.
Descubre máis na páxina de recurso dos Neuston Experiments.
En Neuston Experimento 1 : explorando a interface (2009), estableceuse a colaboración de catorce tándems de científicos e artistas. A partir dunha publicación científica, o equipo investigador presentoulle ao artista un aspecto concreto da súa obra, iniciando un diálogo desde o que o artista fixo a súa proposta. Banda deseñada, escultura, obra pictórica, poesía. quince pezas que mostraron os resultados do diálogo, a co-creación e a procura da intelixibilidade entre profesionais (e persoas) de distintos ámbitos. O proxecto traduciuse nun dossier e nunha exposición no Museo do Mar de Galicia (Vigo), que circulou por diversos puntos da xeografía internacional.
Aquí podes descubrir o traballo e as conclusións dos diferentes experimentos e tándems descargando os PDFs:
All rights reserved. Contact us to know if and how you can use this resource.