Comité de Sostibilidade
A sustentabilidade atópase no centro do noso traballo. No IIM buscamos crear unha sociedade máis sustentable e, para iso, debemos comezar polo noso propio centro.
Como un dos principais centros de investigación mariña multidisciplinar na Península Ibérica, no Instituto utilizamos a nosa investigación para beneficiar á sociedade e facer, da súa relación co océano e co resto do noso mundo, unha relación saudable e sostible a longo prazo.
Ademais, estamos totalmente comprometidos coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e co Pacto Verde Europeo. Un conxunto de iniciativas cuxo obxectivo é poñer á UE no camiño cara a unha transición verde, co obxectivo final de acadar a neutralidade climática para 2050.
Nesta liña, e para minimizar os impactos ambientais e cumprir os citados compromisos dos ODSs e do Pacto Verde Europeo, o Comité de Sostibilidade do IIM-CSIC ten como principal obxectivo promover a sustentabilidade en todos os ámbitos do centro, fomentando unha cultura de respecto ao medio ambiente.
Entre as funcións do Comité figuran a identificación e redución do impacto ambiental das actividades e operacións do IIM-CSIC, a implantación de políticas de xestión de residuos, eficiencia enerxética e aforro de recursos, e a promoción de prácticas sostibles entre o persoal. Ademais, o comité asesora na adopción de tecnoloxías limpas, promove a formación e a concienciación ambiental e é pioneiro no CSIC, ao integrar un enfoque sustentable para reducir, na medida do posible, os impactos sobre o medio ambiente do desenvolvemento dos proxectos de investigación, dende a súa planificación ata a execución e a difusión dos resultados obtidos.