O Instituto de Investigacións Mariñas chama a toda a rapazada a colaborar na "Campaña anual de recollida de dentes "Colección Rato Pérez"

Se este sábado pasas polo CULTURGAL, en Pontevedra, non esquezas os dentes que che caeron e busca o carriño do CSIC!!

A recollida levarase a o 26 de novembro no CULTURGAL (Pontevedra) de 12 a 13.30 horas e de 16:30 a 18:30 horas no Carriño do CSIC

Para que queremos os teus dentes?

O Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) organiza unha campaña anual de recollida de dentes de leite de nenos e nenas para fins científicos que abarcan desde o estudo da evolución humana ata análises forenses e odontolóxicas. A campaña, que se desenvolve ininterrompidamente desde 2014, enmárcase no proxecto “Colección Rato Pérez”, iniciativa do grupo Antropoloxía Dental do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) e da súa Unidade de Cultura Científica e Innovación. A colección xa abarca máis de 3.000 pezas. En Galicia o Consello Superior de Investigacións Científicas, a través da súa Unidade de Cultura Científica da Delegación Institucional, participa na campaña.

Como na edición de 2021, a recollida levarase a cabo o sábado 26 de novembro no CULTURGAL (Pontevedra). Así, persoal da UCC do CSIC en Galicia estará ese día no de 12:00 a 13.30 horas e de 16:30 a 18:30 horas no Carriño do CSIC recollendo os dentes de leite daquelas familias que desexen sumarse á iniciativa.

Tódolas persoas participantes recibirán un diploma e un obsequio pola súa participación. Antes de entregar as pezas os país/nais/titores legais das crianzas terán que cubrir un cuestionario con diversos datos e asinar un consentimento no que se informa do uso que recibirán ditas pezas. Un dos obxectivos desta iniciativa é que persoal científico de calquera parte do mundo e de diferentes campos da ciencia, como a arqueoloxía, a antropoloxía forense, a medicina oral e dental ou a paleoantropoloxía, poida acceder en persoa ou virtualmente aos datos desta gran colección de dentes de nenas e nenos nados durante o século XXI para os seus propios estudios. O CSIC en Galicia é a única entidade galega que participa nesta campaña de recollida de pezas dentais, aínda que desde o CENIEH confían en ampliar o alcance a outras comunidades, e levala a outros países como Arxentina e Australia.

More