• Software | GOVOCITOS

    Govocitos é un software libre de análise de imaxe que permite a determinación doada e precisa de parámetros reprodutivos en peixes a partir de imaxes histolóxicas. Aínda que se deseñou para a estimación da fertilidade en peixes, as súas aplicacións son ampliables a outros problemas de reconto, medida e clasificación (p. ex., reconto de pole, oncoloxía e citoloxía, etc.).

    Podes atopar máis información aquí.

  • Capacidades | Desenvolvemento de aplicacións de Intelixencia Artificial para a xestión de pesquerías

    Desenvolvemento de algoritmos de Deep Learning que permiten automatizar os procesos de vixilancia das pesquerías e reducir o tempo e os custes en comparación co procesamento mediante observación humana. As aplicacións desenvolvidas van dende sistemas innovadores de vixilancia electrónica remota en tempo real, que identifican e cuantifican as capturas totais dos barcos de pesca (p. ex., iObserver), ata novas técnicas de recoñecemento de imaxe que permiten identificar os peixes a nivel individual e estimar parámetros poboacionais. 

     

  • Capacidades | Avaliación de stocks pesqueiros mediante o uso de enfoques tradicionais e de ecoloxía molecular

    Desenvolvemento de modelos de avaliación de stock para estimar o estado das poboacións de peixes e os valores de Rendemento Máximo Sostible das pesquerías a partir de datos de presión pesqueira e parámetros de dinámica de poboacións (abundancia, distribución, idade, fecundidade, etc.) obtidos mediante métodos tradicionais e técnicas -ómicas, que permiten unha resolución espacial moito maior. 

     

  • Capacidades | Avaliación da supervivencia das capturas incidentais pesqueiras e ecoloxía espacial de especies de peixes mediante técnicas de telemetría

    Uso de marcaxe acústica e de técnicas de biotelemetría para seguimento do comportamento dos peixes e avaliación da supervivencia das capturas incidentais da pesca.

     

  • Capacidades | Incidencia de patóxenos e avaliación do risco

    Detección e identificación de patóxenos en animais salvaxes e de cultivo, así como en produtos do mar. Avaliación da relación entre a incidencia de patóxenos e diversos aspectos medioambientais e fisiolóxicos para levar a cabo avaliacións do risco en relación con patóxenos obxectivo.

  • Capacidades | Definición e descrición de ecosistemas mariños

    A definición e descrición dos ecosistemas que implican recursos mariños, en termos de escala, extensión, estrutura e funcionamento. Isto inclúe a caracterización dos aspectos espaciais, estruturais e funcionais dos ecosistemas mariño-costeiros como unidades básicas para a planificación ambiental de uso do territorio.

  • Capacidades | Evaluación do estado dos ecosistemas mariños

    A avaliación do estado dos ecosistemas mariños, definida en termos de saúde ou integridade ambiental e establecida como aceptable para a sociedade, así como a avaliación das ameazas. Isto implica o uso de indicadores de extensión e condición do ecosistema.

  • Secreto industrial | Protocolo para a produción industrial de cabalos de mar (Hippocampus reidi)

    Autoría: Miquel Planas Oliver; Alexandre Chamorro Valverde

    Descrición: Desenvolvemento de procedementos de cultivo integrados para a produción industrial de cabalos de mar da especie Hippocampus reidi.

     

  • Capacidades | Conservación, protección e rehabilitación de ecosistemas mariños

    A conservación, protección e rehabilitación dos ecosistemas mariños e a mitigación dos impactos mediante estratexias de adaptación. Isto inclúe a identificación de consideracións clave para o posible deseño e planificación de medidas de compensación da biodiversidade e o seu alcance nas avaliacións de impacto ambiental.

  • Capacidades | Estudos integradores da biodiversidade

    O estudo da biodiversidade cun enfoque integrador. Isto implica examinar a biodiversidade en múltiples niveis, desde os xenes ata os ecosistemas, e considerar as interaccións entre a biodiversidade e as actividades humanas, incluíndo a prestación de servizos dos ecosistemas.