Pesquerías sostenibles a largo plazo en un ambiente cambiante
Nesta edición dos Encontros Espresso do IIM-CSIC, Natalia Petit, do Grupo de Ecoloxía de Recursos Mariños, compartirá perspectivas sobre conceptos, casos de estudo e ferramentas da xenética de poboacións, analizando o seu potencial na avaliación do estado de conservación dos recursos pesqueiros naturais.
(enlace dispoñible no día da transmisión)
Os “Encontros Espresso" son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.
Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.
Este novo formato celebrarase cada dúas semanas, ás 10:00 horas no Salón de Actos do IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía ("Espresso") para favorecer o bo fluír da comunicación.
Desta vez encontrámonos coa nosa compañeira, Natalia Petit, do Grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños
"Pesquerías sostenibles a largo plazo en un ambiente cambiante: integrando la genética de poblaciones a las ciencias pesqueras".
Os cambios nas condicións físicas, químicas e biolóxicas dos hábitats mariños, orixinados por diversas actividades humanas (é dicir o cambio global), complican as avaliacións necesarias para garantir a sustentabilidade a longo prazo dos recursos pesqueiros naturais. Para prosperar, as especies mariñas deben adaptarse ás novas condicións ambientais mediante o proceso de selección natural, que utiliza a variabilidade xenética presente nas poboacións das especies como materia prima.
Con todo, os episodios de sobreexplotación xeran diminucións nos tamaños das poboacións, reducindo proporcionalmente os seus niveis de diversidade xenética e, potencialmente, a capacidade da especie para adaptarse a cambios no ambiente. A xenética das poboacións é a disciplina encargada de investigar os cambios nos niveis e patróns de diversidade xenética das poboacións, proporcionando un marco teórico sólido para avaliar tanto a posible perda de variabilidade xenética por explotación como o tempo necesario para a súa recuperación.
Desta maneira, a inclusión da xenética de poboacións nas avaliacións dos recursos mariños explotados é de suma importancia e urxencia para garantir a sustentabilidade a longo prazo destes recursos.
Natalia Petit-Marty
Xenetista e bióloga evolutiva. Obtivo a súa Licenciatura en Xenética en 1999 en Arxentina, onde tamén iniciou a súa carreira investigadora abordando temas relacionados coa xenética de poboacións de insectos infestas. En 2003, trasladouse a España e comezou a súa tese doutoral en xenética de poboacións e evolución molecular, no marco do programa de doutoramento en Xenética da Universidade Autónoma de Barcelona, obtendo o grao de Doutor con máxima cualificación en 2008.
Entre 2009 e 2013, levou a cabo diversos proxectos, principalmente centrados na xenómica de poboacións de especies de primates, como investigadora postdoutoral no Instituto de Bioloxía Evolutiva de Barcelona. En 2014, estableceuse na Illa de Menorca, onde traballou de forma independente, focalizándose principalmente en temas relacionados coa conservación mariña. En 2019, trasladouse a Hong Kong para desempeñarse como investigadora postdoutoral no Swire Institute of Marine Science da Universidade de Hong Kong, onde desenvolveu proxectos relacionados cos mecanismos de adaptación de especies mariñas aos cambios nas condicións do mar. Finalmente, en 2022, obtivo unha posición postdoutoral financiada polas Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) para traballar no proxecto “Potencial adaptativo ao cambio nas condicións do ambiente en especies de peixes explotadas” no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM -CSIC) en Vigo, a cal é a súa posición actual.
Natalia publicou vinte e catro artigos científicos, sendo a autora principal en once deles; colaborou en diferentes proxectos científicos a nivel nacional e internacional e participa activamente en actividades de divulgación científica para concientizar sobre a vulnerabilidade do medio mariño ás actividades humanas.