Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021. O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) celebra mañá xoves, 16 de decembro, en Santiago de Compostela un acto institucional para homenaxear aos funcionarios e traballadores que en 2021 fixeron 25 anos de servizo á institución en Galicia.

O acto terá lugar na sede do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela) ás 12 horas. Estará presidido polo delegado institucional do CSIC en Galicia, Javier Rey Campos, e contará coa presenza, ademais dos homenaxeados, de representantes dos equipos directivos dos ICUs.

Forma parte dunha iniciativa tradicional do CSIC de homenaxear ao persoal que fai 25 ou 50 anos de servizo. En Galicia son sete as persoas que, con distintos perfís (investigador, técnico, dirección, administración e servizos…), levan 25 anos traballando no CSIC.

More