
Bolsas para grao e máster | JAE Intro 2025
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC de Vigo (IIM-CSIC) ofrece 17 plans de formación para estudantado de último ano de grao e máster no marco das Bolsas JAE Intro 2025.
O obxectivo destas bolsas é iniciarse na carreira investigadora, mediante a realización dunha estancia formativa remunerada durante o curso académico 2025-2026 en centros do CSIC como o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.
Se queres solicitar a túa bolsa, le a ficha da convocatoria e completa o procedemento na Aplicación Convoca.
O prazo de solicitude abre o 3 de abril e estará aberto un mes. Recomendámosche que, antes de solicitar a bolsa, contactes cos supervisores ou supervisoras da oferta do teu interese.
Podes atopar os 17 programas de formación ofrecidos dende o IIM-CSIC nesta táboa de Excel.
As bolsas consistirán nunha achega mensual de 600€ por un período de 7 meses. A data exacta de inicio pode variar e convirse co supervisor ou supervisora de cada oferta. O programa contempla unha dedicación máxima semanal de 20 horas.
Accede ao portal xeral da convocatoria aquí para obter toda a información: