Reservas e + info aquí

As compañeiras Lucía e Lara, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) en colaboración coa Biblioteca de Galicia (Xunta de Galicia) e coa UCC Delegación do CSIC en Galicia, organiza o obradoiro "Agora vesme: a maxia do mundo microscópico". Esta actividade forma parte do Mes da Ciencia en Galego nas Biblilotecas e terá lugar o vindeiro sábado 9 de novembro na Aula I da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura.

A participación nesta actividade é gratuita, pero  require unha reserva previa. As prazas son limitadas!.

 Agora vesme: a maxia do mundo microscópico 

🧒🧑 Crianzas de 6 a 12 anos.

Como sabemos a idade dos peixes? De que tamaño é unha lura cando nace? Cal é o animal máis abundante do océano? Como medran as bacterias?

A través desta actividade daremos resposta a estas cuestións dun xeito ameno e divertido. Empregaremos lupas binoculares propias dun laboratorio e observaremos unha gran variedade de obxectos e individuos que forman parte do traballo de investigación que se leva a cabo no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

O obradoiro comezará cunha pequena mostra de como é o funcionamento dunha lupa binocular. A continuación pasaremos á acción, coa observación directa do marabilloso mundo microscópico a través das lupas. Contaremos con 10 obxectos científicos e serán os nenos e nenas participantes, a través dun pequeño xogo e coa axuda dunhas fichas, os que intentarán adiviñar que ou a quen teñen diante dos seus ollos.

A actividade rematará cunha posta en común de todo o material observado e con ideas alternativas para construír unha lupa propia na casa!

More