
Jaime
Amaro
Blanco
Biografía
Graduado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) cun máster en Comunicación Científica (MSc Science Communication & Public Engagement) pola Universidade de Edimburgo. Actualmente traballo como coordinador no desenvolvemento e execución de accións de Cultura Científica na Unidade de Cultura Científica e da Innovación do IIM-CSIC (UCC+I), acreditada pola FECYT.
Na nosa Unidade de Cultura Científica actúo para desenvolver novos proxectos no eido da Comunicación Social da Ciencia mariña que se fai no Instituto, establecendo relacións dentro e fóra da nosa institución no ámbito da Cultura Oceánica e Científica. Ademais, desenvolvemos diversas campañas para achegar a ciencia do IIM á sociedade, organizando intervencións en escolas, visitas ao noso centro de investigación, iniciativas no eido da Ciencia e a Arte (enfoque SciArt) e accións que pretenden garantir o dereito universal de todas as persoas á cultura e, por tanto, ao coñecemento científico, por exemplo, con proxectos destinados a levar a ciencia a centros de días para a atención a persoas con alzhéimer e outras demencias.
Parte do meu traballo consiste tamén na organización de accións de dinamización interna e, como parte do Comité de Igualdade e Diversidade, de campañas de visibilización, inclusión e accesibilidade dos colectivos minorizados no eido da Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Destaca especialmente os traballos realizados reivindicando o papel mulleres científicas e técnicas (11F, 25N, exposicións e charlas de formación, etc.), das persoas con discapacidades ou do colectivo LGBTIQ+ en ciencia (celebración do Orgullo, día LGBT en STEM, etc), impartindo tamén algunhas xornadas de formación e charlas noutros centros, grazas á miña pertenza á asociación PRISMA: Asociación para la Diversidad Afectivo-Sexual y de Género en Ciencia, Tecnología e Innovación.
Tamén actúo, en ocasións, como parte da representación do IIM nos principais foros de Cultura CIentífica e Ciencia Cidadá, como os Encontros de Cultura Científica e Ciencia Cidadá do CSIC, o ComCiRed da rede de UCC+Is da FECYT ou congresos como o Congreso de Comunicación Social da Ciencia (CCSC) ou o Congreso de Divulgación, Transferencia e Impacto Social da Ciencia (CoDi). Por último, actúo como ligazón coa UCC+I da Delegación do CSIC en Galicia e como apoio á súa Unidade de Comunicación coa que coordino as interaccións cos medios.Tamén coordino a comunicación do IIM a través das súas canles en redes sociais. Considero que o meu traballo busca non só crear pontes, se non espazos de encontro entre a comunidade científico-técnica e o resto da sociedade e, en especial, con aqueles colectivos aos que se lles ofrece un acceso moi limitado á nosa valiosa Cultura Científica.
Proyectos relacionados
- OCEAN NIGHT -
<p>Ocean Night: helping society understand the importance of the marine ecosystem</p>
Investigador/a Principal:PintadoValverdeJoséInstitución financiadora:CE-HEFinanciación para el IIM-CSIC:299602€Dela - MICRORRESERVAS -
<p>MICRORRESERVAS DE PLAYA: LA CONCIENCIACIÓN SOCIAL COMO ELEMENTO CLAVE EN LA RECUPERACIÓN DE ARENALES. PROYECTO PILOTO EN EL CONCELLO DE NIGRÁN</p>
Investigador/a Principal:PintadoValverdeJoséInstitución financiadora:Proyecto FCT-20-15699 financiado con la colaboración de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología y el Ministerio de Ciencia, Innovación y UniversidadesFinanciación para el IIM-CSIC:10000€Dela - G-NIGHT -
<p>Galician Night of Researchers</p>
Investigador/a Principal:PintadoValverdeJoséInstitución financiadora:CE-H2020Financiación para el IIM-CSIC:13730€Dela <p>¡ Y que rico sabe el mar!</p>
Investigador/a Principal:PintadoValverdeJoséInstitución financiadora:Fundación General CSICFinanciación para el IIM-CSIC:3000€Dela